VOGAr é remar, unir forzas, traballar en equipo en aras a acadar un obxectivo común, poñendo en valor as sinerxias do grupo, dando así, unha maior dimensión ás capacidades individuais.
Para iso naceu VOGA, unha empresa de servizos a disposicón de empresas de índole privada e/ou pública, que precisen externalizar diversas problemáticas ou tarefas para as que ou non contan co equipo preciso nas súas plantillas, ou ben, que pola carga de traballo ordinario non poidan afrontar coas suficientes garantías de éxito.
O que singulariza a VOGA é a súa orixe, profesionais que tendo exercido cargos de responsabilidade nun elenco de empresas punteiras e multisectoriais, poñen os seus coñecementos, a súa actitude e as súas aptitudes, ao servizo dos seus clientes.
Vantaxes á hora de elexir VOGA.
Nova convocatoria do PERTE de DCA (Dixitalización Ciclo da Auga).
Concurso de Acredores: Procedemento legal levado a cabo cando unha persoa física ou xurídica (empresa) se atopa nunha situación de insolvencia, é dicir, non pode facer fronte as súas débedas. O obxectivo do concurso é buscar unha solución que permita ao debedor pagar as súas débedas do mellor xeito posible; a través da liquidación dos activos ou dun acordo cos acredores.
Se a túa empresa está a atravesar dificultades financieiras e non pode cumprir coas súas obrigas de pago, podemos asesorarche na tramitación concurso de acredores. Este proceso permitirache acadar acordos cos teus acredores e reorganizar as túas finanzas, evitando a liquidación e o cese da actividade.
As empresas ofertan servizos ou venden produtos, de feito, VOGA, oferta servizos, e un servizo que oferta é precisamente guiar aos nosos clientes a través de todo o proceso dende a concepción da idea, ata que esta se materializa en forma dun produto, se ubica no mercado e se comercializa.