VOGAr é remar, unir forzas, traballar en equipo en aras a acadar un obxectivo común, poñendo en valor as sinerxias do grupo, dando así, unha maior dimensión ás capacidades individuais.
Para iso naceu VOGA, unha empresa de servizos a disposicón de empresas de índole privada e/ou pública, que precisen externalizar diversas problemáticas ou tarefas para as que ou non contan co equipo preciso nas súas plantillas, ou ben, que pola carga de traballo ordinario non poidan afrontar coas suficientes garantías de éxito.
O que singulariza a VOGA é a súa orixe, profesionais que tendo exercido cargos de responsabilidade nun elenco de empresas punteiras e multisectoriais, poñen os seus coñecementos, a súa actitude e as súas aptitudes, ao servizo dos seus clientes.
Vantaxes á hora de elexir VOGA.
Nova convocatoria do PERTE de DCA (Dixitalización Ciclo da Auga).
Concurso de Acredores: Procedemento legal levado a cabo cando unha persoa física ou xurídica (empresa) se atopa nunha situación de insolvencia, é dicir, non pode facer fronte as súas débedas. O obxectivo do concurso é buscar unha solución que permita ao debedor pagar as súas débedas do mellor xeito posible; a través da liquidación dos activos ou dun acordo cos acredores.
Se a túa empresa está a atravesar dificultades financieiras e non pode cumprir coas súas obrigas de pago, podemos asesorarche na tramitación concurso de acredores. Este proceso permitirache acadar acordos cos teus acredores e reorganizar as túas finanzas, evitando a liquidación e o cese da actividade.
As empresas ofertan servizos ou venden produtos, de feito, VOGA, oferta servizos, e un servizo que oferta é precisamente guiar aos nosos clientes a través de todo o proceso dende a concepción da idea, ata que esta se materializa en forma dun produto, se ubica no mercado e se comercializa.
Hoxe, máis que nunca, a optimización de recursos é clave xa non para que unha organización compita con éxito, senón, para a súa propia supervivencia, mais, porén, en VOGA, gustamos de traballar con orzamentos que garantan un retorno óptimo de cada euro invertido. Un cliente é un cliente, queremos que o sexa para sempre e o mellor modo é ofrecendo pesos a cinco pesetas.
Todo proxecto busca acadar algo que previamente ou ben non existía, ou ben precisa dun cambio de rumbo, dunha nova orientación ou simplemente dalgunha mellora ou renovación. É por iso que a dirección de proxectos basearase en aplicar os coñecementos, habilidades, capacidades, aptitudes e técnicas ás actividades para satisfacer as necesidades dos mesmos. VOGA ten a capacidade técnica e organizativa para xunto cos seus partners tecnolóxicos e industriais desenvolver con solvencia calquera proxecto onde tecnoloxía, enxeñería e marketing conflúen, sendo na actualidade moitos os proxectos que sustentan o seu éxito e a súa viabilidade en ditos alicerces. Tomamos como referente ao director de proxecto, asignado ao mesmo en función da súa natureza, sabendo de que da idoneidade do mesmo ao proxecto dependerá en boa medida a súa correcta execución, aunando na súa persoa as capacidades técnicas e humanas (liderazgo) precisas. No noso día a día, implementamos proxectos a horas, semanas, meses e anos, nunha contorna dinámica, cambiante e cun horizonte temporal finito, como a propia vida establece.
O deseño dunha campaña de marketing, debe contemplar unha visión holística da realidade onde se vai implementar, polo que é precisa unha visión panorámica (helicopter view), que faga partícipe a toda a organización e que contemple realidades diversas, previas, actuáis e futuras… Trátase de chegar á meta, polo que canto máis definida esté esta, así como o camiño a percorrer, antes chegaremos (eficacia e eficiencia).
Secuencia de actuación:
Estas campañas 360º son globais, de grande alcance, buscamos chegar a cantos máis clientes/consumidores potencias poidamos mellor, teñen un custo superior (non confundir con menor rentabilidade), pero tamén os seus beneficios directos e indirectos o son, en canto ao incremento de ventas, branding, notoriedade e engagament.
Dispoñemos dos medios e da experiencia para a tramitación de axudas a programas de distinta índole e alcance, a presentar ante calquera organismo, institución ou administración, incluídas as da Unión Europea. Este pasado mes de febreiro de 2023 presentamos proxectos para o PERTE de Dixitalización do Ciclo da Auga (Fondos Next Generation EU) por un importe superior aos 32 millóns de euros (máis do 3% do total presentado no Estado).
Analizamos convocatorias (PCAP e PPT), viabilidades e incompatibilidades.
Traballamos da man con xestorías e asesorías co fin de garantir a confidencialidade do cliente, evitando duplicidades e/ou ineficiencias durante o proceso de presentación e seguimento. Os nosas core competences ou vantaxes competitivas son claras:
Comunicación e Relacións Públicas
Interactuar é indispensable para o ser humano, polo tanto, non hai relación comercial nin intercambio de bens ou prestación de servizos que non veña precedida, que non conleve e que non finalice cun intercambio de opinións, documentos mercantís, correos electrónicos, mensaxes, chamadas telefónicas… A comunicación é o software do propio marketing e as relacións públicas son os seus plugins, permitindo ampliar, abrir e actualizar a nosa rede de contactos (network).
Congresos e Eventos
De hai un par de anos a esta parte e en gran medida debido á pandemia do COVID-19 a celebración dos mesmos mudou, a presencialidade física tivo que reinventarse, ao que axudaron plataformas que nos permitiron seguir mantendo ditos encontros profesionais, culturais ou promocionais de xeito virtual, a través dos chamados “webinars” (web+seminario). Hoxe en día coa presumible “volta á normalidade” a presencialidade volve recuperar terreo, pero os webinars seguirán en moitos casos como un complemento que posibilita ampliar a difusión dos eventos, así como a súa capacidade de convocatoria e de interactuación, o que é sen dúbida unha grande ventaxa ao alcance da nosa organización.
Debemos ter en conta dous conceptos que a priori deberían ser un mesmo, pero que habitualmente non o son, a saber, a imaxe de marca e a identidade de marca. Moi coloquialmente a imaxe de marca sería como somos percibidos (reputación da marca) polo noso grupo de interese (stakeholders) e a identidade de marca o que realmente somos, concepto extrapolable a nós como individuos (o que apararentamos ser e o que somos).
Canto menos diverxan ambas, máis fortaleza terá a nosa comunicación, as nosas campañas de marketing e máis axiña (menores custos) acadaremos o posicionamento desexado.
A marca é o maior intanxible que ten unha empresa, polo que tanto a súa creación, como a súa xestión e a correcta manipulación da mesma merecerán a aplicación e a asignación dos recursos e capacidades que sexan precisos.
As marcas son o corazón das empresas, poñendo nome, rostro e personalidade a esta, aos seus produtos ou aos seus servizos, porén, non estaría de máis indicar que a marca non é só a imaxe, a publicidade ou lema da compañía, son tamén o conxunto das súas experiencias e vivencias.
“Canto máis se destestan entre si as nación modernas maior docilidade demostran para copiarse as unhas ás outras; porque a competencia é, pola súa propia natureza, un mero e frenético plaxio”.
Charles Dickens
As organizacións tanto públicas como privadas entablan relacións con:
Da correcta e eficaz comunicación cos distintos grupos de interese ou “stakeholders” dependerá como é percibida, posicionada e valorada. O branding é un traballo 24/7, demasiado importante como para non darlle importancia (recursos).
Comunicación e Relacións Públicas
Interactuar é indispensable para o ser humano, polo tanto, non hai relación comercial nin intercambio de bens ou prestación de servizos que non veña precedida, que non conleve e que non finalice cun intercambio de opinións, documentos mercantís, correos electrónicos, mensaxes, chamadas telefónicas… A comunicación é o software do propio marketing e as relacións públicas son os seus plugins, permitindo ampliar, abrir e actualizar a nosa rede de contactos (network).
Congresos e Eventos
De hai un par de anos a esta parte e en gran medida debido á pandemia do COVID-19 a celebración dos mesmos mudou, a presencialidade física tivo que reinventarse, ao que axudaron plataformas que nos permitiron seguir mantendo ditos encontros profesionais, culturais ou promocionais de xeito virtual, a través dos chamados “webinars” (web+seminario). Hoxe en día coa presumible “volta á normalidade” a presencialidade volve recuperar terreo, pero os webinars seguirán en moitos casos como un complemento que posibilita ampliar a difusión dos eventos, así como a súa capacidade de convocatoria e de interactuación, o que é sen dúbida unha grande ventaxa ao alcance da nosa organización.
Entorno Web
Dende hai aproximadamente 30 anos empezamos a escoitar falar de internet, agora non podemos entender o noso mundo sin ela, saúde, familia, ocio e traballo pivotan temporal ou permanentemente sobre ela, gústenos máis ou gústenos menos. Temos grupos de whatsapp para as relacións persoais e profesionais, perfís nas RRSS para saber e que saiban de nós, páxinas web nas que mercamos, buscamos ocio, información, novas, traballo… Darlle as costas ao entorno web é todo un reto, pero para empregalo con aproveitamento profesional e empresarial podes contar con nós. Entendemos a súa parte técnica e humana.

A correcta dimensión dos recursos cos que pór en marcha, xestionar e auditar as accións de marketing da nosa empresa, sinalará que estratexia debemos e podemos seguir co gallo de acadar os obxectivos fixados. De xeito moi gráfico; os medios propios (web, blog, RRSS, e-mail mk…) son os que obran no noso poder (aínda que non son gratuitos), os medios pagos (presenza, RRPP, ads…) son aqueles polos que debemos facer un desenvolso económico a terceiros (inversión directa), os e os gañados (reviews, shares en RRSS, mencións…) serán aqueles debedores do noso bo facer, sobre todo a nivel orgánico. O contido xerado polos propios usuarios, clientes, seguidores e quen de xeito “desinteresado” aporta valor a nosa marca.
A utilización destes medios, habitualmente como un mix indisoluble, realízase tanto no mundo analóxico como no mundo dixital e de xeito conxunto e simbiótico.
Marketing
O marketing (mercadotecnia) axúdanos a enteder a realidade na que vivimos cun enfoque que nos permite crear, producir, prestar, comercializar e subministrar aqueles produtos ou servizos que a cidadanía demanda. Facéndoo non só de xeito satisfactorio, senón de mellor modo que como foi demandado (beneficios complementarios). Definición propia.
Comunicación
Proceso mediante o cal se da traslado dunha mensaxe de maneira precisa, clara e concisa dun emisor a un receptor. Definición propia.